Se muestran los artículos pertenecientes al tema TREBELLAR no BLOG.
23/01/2007
COME NTA, COME NTA... POR BABOR

Unha das cousas máis interesantes dos Blogs é que calquera pode facer COMENTARIOS
nunha ventá como a que vedes enriba.
Por exemplo, ante a proposta de
A ONDE IMOS CEAR COA XENTE DO MASTER UN VENRES DESTES
só teriades que ir ao final desta Entrada, onde por "Comentar"
e logo poñer un par de dados (que non teñen que ser verídicos, pero poderían...)
e Publicar ese Comentario. Así, dase a ser un Pseudo-Foro
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------
No sistema de Blogger (ou outros), existe a posibilidade de "Moderar" eses comentarios
de varios xeitos:
- +Impedir que se poida comentar en absoluto
- +Pódense enviar comentarios e logo a Persoa que Administra decidir se se inclúen ou no
- (esto é moi útil cando queres que queden para sempre os comentarios, e así evitas insultos, ou
- sobre todo, evitas comentarios "tipo virus" enviados automáticamente, en inglés e demáis)
- +Pódese activar o sistema de "Verificación de imaxen de palabra", que é que tés que escribir unha palabra
- que aparece nunha imaxe medio distorsionada (para evitar esos comentarios automáticos)
O bonito da historia tamén é que a propia autora da entrada pode seguir facendo comentarios, co seu nome
respostando a quen seguíu o fío da conversa.
16/01/2007
LABORES DE CORTE E CONFECCION

Como diciamos, podemos actualizar o Blog moi doadamente, unha vez que nos introducimos por medio da nosa identidade e contrasinal.
Para poñer fotos
No caso de Blogia, as fotos teñen que ser dun certo pequeno tamaño (aqui abaixo me din que para insertar una imaxe tén que ser como máximo de 20kb, non así en Blogger por exemplo que admite moito máis)
Entón teño que ir ao meu visor de imaxes (por exemplo me baixei "Irfan view", que é software libre e gratuito), e "gardar como" en menor resolución.
PAra poñer eses vencellos que aparecen resaltados ( e que piden "fai clic, por favor", o que fago é :
- MArcar a palabra/s desexadas (no caso anterior foi "Blogger", e e"exemplo")
- logo ir ao MENU e --->INSERTAR vínculo
- logo cortar e pegar a Dirección do enlace (http://www.tal.tal.tal) dunha páxina que estou vendo noutra ventá, e que quero vencellar ao clic nesta palabra
E xa está.
Deste xeito, temos un hiper tex to , que non só me da información secuencial, de ppio a fin, senón que me completa a información en cada palabra ou idea que eu queira (incluso vencellando cada sílaba a unha nova páxina, como vedes).
Juanjo